search

MÁQUINA DE FOTOS AGFA HAPPY

Cámara de fotos sinxela que sacou a casa Agfa en 1982. Ten un corpo de plástico, leva un obxectivo sinxelo Color Optar e un obturador con dous axustes de velocidade de obturación: soleados e nublados. O avance da película realízase cando a cámara se carga ó abrir e pechar manualmente.

Emprega película en cartuchos de formato 110 Pocket (110 Instamatic) que comezou a empregarse en 1972 (a primeira que que o empregou foi a Kodac Pocket Instamatic 20), os seus fotogramas son de 1,3x1,7 cm.

Hai a posibilidade de engadir un flash externo á cámara. Para iso leva unha zapata para Magicube.

Vídeo co funcionamento da cámara

00110
Comentarios (0)
Non hai avaliacións polo momento.