Miniatura da gran peza de ferro do escultor Xoán Torres Cidre que sinala o Lugar de Memoria Poza das Ras
O Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova formalizou un acordo co Concello de Verea e coas familias das vítimas para instalar na Poza das Ras unha escultura memorial.
Esta escultura lembra que Julio González, Amadeo López, Silvio Torres e Eloy Romero foron sacados do cárcere de Celanova e paseados na Poza das Ras o 29 de agosto de 1936: eran dous mestres, un chófer e un farmacéutico.
Finánciase mediante micromecenazgos, que reciben unha miniatura da gran peza de ferro instalada na Poza das Ras (Verea), deseño do escultor Xoán Torres Cidre. Así pois, esta peza acredítanos como colabores da campaña.